A sentenza da Audiencia sobre o Prestige chega tarde, é insuficiente e é unha nova burla ao pobo galego
O BNG cualifica de “tardía, insuficiente e burla” a sentenza ditada pola Audiencia provincial da Coruña sobre o Prestige e cuestiona tanto as contías como a distribución e as contías que lle corresponden ao Estado español, Francia e á Xunta de Galiza.
Para a deputada do BNG, Montse Prado, resulta “esperpéntico” que despois de quince anos sigamos agardando a que se faga xustiza tras a catástrofe do Prestige, unha catástrofe que provocou graves consecuencias económicas, medioambientais e sociais nas costas galegas.