A IDEA DO ANTIFASCISMO CALOU PROFUNDAMENTE E O POBO ARXENTINO ESTÁ A DICIR BASTA.
A BATALLA DO POBO ARXENTINO POLOS SEUS DEREITOS E A DEMOCRACIA
Milei chegou á Presidencia da Arxentina, mediante eleccións, para gobernar, abertamente, contra as maiorías populares e os traballadores e lexitimar o poder de facto das grandes corporacións que integran sectores económicos, xudiciais e mediáticos.
O axuste económico, sempre a favor do FMI, xera, entre outras cousas, desocupación, pobreza e inseguridade, xa o pasado ano de 2024 o BNG de Arxentina advertira que as xubilacións dos nosos maiores deterioráronse coa desvalorización brutal do 118 % ante o dólar e a consecuente inflación, a iso súmase a quíta da entrega de medicamentos gratuítos para todos os xubilados.
O goberno arxentino pecha organismos, secretarías e ministerios estatais, despedindo decenas de miles de traballadoras e traballadores públicos, achícanse e pechan Pemes, comerciais e industriais, pola recesión, o aumento indiscriminado de impostos e servizos e a deliberada apertura de importacións, co consecuente crecemento da desocupación que o modelo económico auspicia co obxectivo de precarizar o traballo e seguir abaratando o custo de man de obra.
Despois das súas ameazas de “ir buscar ata o último recuncho aos Zurdos fillos de puta”, no seu discurso en Davos o pasado xaneiro, o presidente Javier Milei atacou ás persoas trans, as parellas gai que adoptan fillos (tratounos de "pedófilos") e ás mulleres, ás que acusou de querer gañar privilexios sobre os homes. Tamén aos migrantes, aos que cualificou como unha "horda que abusa, viola ou mata". Sendo a Arxentina un país pioneiro en leis de Identidade e Migrantes.
Estas declaracións, sen ningún indicador social e económico favorable, espertaron unha onda masiva de rexeitamentos, non só das diversidades senón de todo o arco político opositor, do sindicalismo combativo, do movemento feminista e das organizacións de dereitos humanos.
En menos dunha semana a loita LGBTIQ+ convoco a manifestacións multitudinarias, non só nos grandes centros urbanos, senón, ao longo e ancho do país cunha masividad poucas veces vista.
A convocatoria LGBTIQ+ asumiuse como Asemblea Antifascista e Antirracista o que xerou un acompañamento social sumando aos sectores agredidos e resistentes á política de axuste económico, como as e os xubilados, as e os despedidos públicos e privados, ao sector estudantil, logrando un calibre tal, que obrigou a sacudirse a modorra á dirigencia política, foi un chamado de atención.
Como outras veces na historia a guerra está declarada contra o pobo e non se resolve alistándonos simplemente para un escenario electoral porque as armas do inimigo son antidemocráticas e de destrución masiva, só fai falta ver, escoitar e ler aos grandes medios de desinformación e as redes antisociais.
O proxecto oligárquico corporativo que encabeza Milei, no marco dun sistema que bastardea a democracia, ten como un dos seus obxectivos esenciais liquidar calquera vestixio de política antisistema que inspire a dirixentes ou organizacións do campo popular a enarborar unha posición de ruptura co sistema de inxustizas imperante.
Vai quedando claro que a ximnasia asemblearia é a ferramenta correcta para enfrontar a un goberno autoritario ultraliberal e que o odio e o ataque á comunidade LGBTIQ+ e a lles migrantes é inseparable do programa económico da dereita.
A idea do Antifascismo calou profundamente e o pobo arxentino está a dicir BASTA.
A loita está nas rúas.
Luis Fernández Ageitos
Presidente da Asociación Taxistas de la Capital (ATC) de Buenos Aires, Secretario de Acción Social da Central dos Traballadores Arxentinos (CTA), Presidente da Federación de Asociaciones Gallegas RA, membro fundador do BNG Arxentina