ENTREVISTA
Entrevista a Javier Pasarín, militante do BNG en Alemaña
Entrevistamos a Javier Pasarín (Navia de Suarna, 1989), militante do BNG na emigración
"Penso que participar activamente da militancia é a mellor maneira de confrontar a realidade que cada día nos chega dende o noso país, non deixando oco á resignación nen ao pesimismo."
Entrevistamos a Javier Pasarín (Navia de Suarna, 1989), militante do BNG na emigración
Leipzig, Alemaña, febreiro de 2021
1. Por que entrar a formar parte do BNG? E por que neste momento da túa
vida?
Malia ser simpatizante do BNG dende hai anos nunca sentín interese por participar activamente da política. Non foi ata un ano despois de emigrar a Alemaña cando gañei conciencia sobre a necesidade de sumar forzas para reivindicar e defender a nosa terra e a nosa cultura fronte ao proceso colonizador cada vez máis forte na Galiza.
2. Levas 4 anos no BNG: con que te quedas das túas experiencias aquí?
Malia aos poucos recursos cos que contamos a ilusión e o desexo de contribuír ao proxecto do BNG fai que nos manteñamos activos e en contacto continuo, con asembleas periódicas e tentando manter á poboación galega emigrada en contacto coa actualidade do noso país a través das redes e incluso eventos presenciais. O movemento independentista dende a emigración vívese dunha maneira moi distinta a como se fai na propia terra; ás veces tomar certa distancia permítenos ver as cousas dunha maneira máis clara, e por iso penso que a militancia na emigración temos moito que aportar ao proxecto.
3. Que lle dirías a alguén que tivo que emigrar, que vive na diáspora e que sente interese pola política activa, sobre militar no BNG?
Penso que participar activamente da militancia é a mellor maneira de confrontar a realidade que cada día nos chega dende o noso país, non deixando oco á resignación nen ao pesimismo. Coñecer a parte da xente que dende o estranxeiro traballa cada día por unha Galiza mellor non fixo senón reforzar a miña ilusión polo proxecto do BNG.