PRAZO DE SOLICITUDE AMPLIADO ATÉ O 16 DE XUÑO
[Eleccións 12X] Voto por correo de residentes temporais no exterior (ERTA)
Poderán votar a medio deste procedemento as persoas con dereito a voto que se atopen temporalmente fóra do Estado español e que permanezan nesta situación até o día da votación.
Deberán inscribirse no rexistro de Matrícula Consular como non residentes e solicitar o voto por correo.
Para inscribirse coma non residente é preciso acudir de xeito presencial ao Consulado ou Embaixada co documento de identidade ou pasaporte e unha foto carné.
A solicitude de votación e a inscrición no rexistro de Matrícula Consular pode realizarse no mesmo día.
Prazo ampliado:
O prazo para ambos os dous trámites finaliza o 16 de xuño!
1. Solicitude do voto
As persoas interesadas deberán acudir en persoa ao Consulado ou Embaixada correspondente non máis tarde do 16 de xuño (inclusive) para solicitar o voto por correo.
Nas propias oficinas consulares poden recoller o formulario de solicitude ou ben descargalo a través desta ligazón.
A través desta páxina podes consultar o estado da túa solicitude.
Unha vez realizada a solicitude de voto por correo, de resultar aceptada, non poderá votar na súa mesa electoral de xeito presencial.
2. Remisión da documentación electoral
As Delegacións Provinciais do censo enviarán a documentación necesaria para exercer o dereito a voto (ao enderezo indicado na solicitude) non máis tarde do 22 de xuño (ou 30 de xuño, se hai recursos contra a proclamación das candidaturas) na que se incluirá:
- Certificado de inscrición no censo
- Sobre de votación
- Papeletas de votación
- O sobre co enderezo da mesa electoral onde lle corresponde votar
- Folla explicativa de todo o proceso
- Un impreso oficial para solicitar, no seu caso, o reintegro dos gastos de franqueo
3. Envío do sobre de votación
Até o 8 de xullo poden enviar o sobre por correo certificado, dirixido á mesa electoral correspondente (o enderezo vén indicado no propio sobre), no que se incluirá:
- o sobre de votación coa papeleta do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - BNG
- unha copia do certificado de inscrición no cesto
- impreso para o reintegro dos gastos de franqueo
Dúbidas?
Escríbenos a [email protected] ou nas nosas redes sociais!!