COMUNICADO DE PRENSA DO CONSELLO DA EMIGRACIÓN (17 DE NOVEMBRO DE 2023)
O Partido Popular utiliza as comunidades da Galiza emigrada para facer campaña electoral
Ante a recente visita do presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, e do Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a centros galegos en Suíza e Lichtenstein, o Consello da Emigración do Bloque Nacionalista Galego queremos denunciar o uso partidista que fai o PP dos recursos institucionais para dar a coñecer o seu candidato ás eleccións galegas do 2024 e queremos deixar en claro que:
Alfonso Rueda vai facerse unha foto coas comunidades galegas de Europa, pero a realidade das políticas neoliberais do Partido Popular abocan a unha emigración masiva e a un recorte de dereitos do pobo galego.
As políticas económicas e antisociais do PP provocan un éxodo da xuventude (máis de 300.000 galegas e galegos nunha década) cara á emigración, logo de 14 anos de gobernos dirixidos por AN Feijoo e, agora, o seu substituto, Alfonso Rueda, vai facer unha foto para a precampaña e as eleccións de 2024, coas que pretende manterse no cargo.
Agora ben, que ofrecen en realidade á emigración galega, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda e mais o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda?
Pese ás promesas baleiras do PP sobre a efectividade do seu programa "Retorna Galicia", o certo é que cento de milleiros de biografía refutan a propaganda. Mentres, o PP financia estudos universitarios de máster, cabe preguntarse onde traballarían as persoas con eses títulos, dado que os todos indicadores económicos e de benestar social caeron desde que o PP voltou á Xunta en 2009. Vemos uns servizos públicos que sofren décadas de maltrato por parte de xestores que queren privatizar a sanidade pública, os servizos de dependencia, a educación... mentres engordan os negocios dos empresarios que acceden ás concesións administrativas.
A visita de Alfonso Rueda aos centros galegos de Suíza (Xenebra e Zúrich) e Lichtenstein véu acompañada de asesores en materia de información tributaria para aqueles emigrantes que queiran retornar á Galiza. Cabe lembrar que foi o propio PP da man do ministro Montoro en 2008, quen foi pioneiro en multar a aquelas persoas que retornaban á Galiza á hora da xubilación (20 millóns de euros até 2014, ano en que foi paralizada polos tribunais). E se conseguiu rachar con esta medida recadatoria foi grazas á loita perseverante de galegos coma Xosé Lois Leirós, á da Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados, e á cal deu voz a Europarlamentar do BNG Ana Miranda en Bruxelas.
A visita de Alfonso Rueda á emigración europea en plena precampaña demostra que o Partido Popular considera fundamental relanzar a gris imaxe que do seu candidato o pobo galego a través de facerse fotos con colectivos da Galiza exterior. Desde o Consello da Emigración do BNG, consideramos que os anuncios rimbombantes do PP coma o mentado de Retorna Galicia de atraer 30.000 emigrantes de volta en 3 anos son só cortinas de fume que pretenden tapar a desastrosa xestión da administración pública, como se afirmou no Telexornal o mesmo día da asistencia do equipo de Alfonso Rueda ao 50 aniversario da Irmandade Galega de Xenebra (28 de outubro).
"Non hai, no avanzado pola Xunta, ningún acto de promoción económica de Galicia no exterior nin de contactos políticos con responsables doutras administracións." (Praza Pública). E o domingo estivo en Liechtenstein na inauguración do Centro Español Apóstol Santiago e mantivo en Zurich un encontro coa Asociación Cultural As Xeitosiñas.
Denunciamos que décadas de gobernos do Partido Popular deixan un panorama desolador para o noso país, cun 23% de galegas en risco de pobreza ou exclusión social, unha débeda da Xunta que se triplicou desde que Feijoo tomou o mando e asistimos ao desmantelamento constante dos nosos servizos públicos