HABERÁ UN NOVO ACTO NOS VINDEIROS DÍAS
Debate en Catalunya sobre emigración con Ana Pontón
Comezou o curso político do BNG Catalunya cun debate a catro a beira da antiga muralla de Bàrcino, a beira da actual praza de Sant Jaume
Comezou o curso político do BNG Catalunya cun debate a catro a beira da antiga muralla de Bàrcino, a beira da actual praza de Sant Jaume de Barcelona.
Sobre emigración galega e perspectivas de futuro falaron da Portavoz Nacional do BNG Ana Pontón; María Xesús Lama, catedrática de literatura galega na UB; Anxo Baranga, artista e teatreiro; e Gabriel Beceiro, presidente do Ateneu Aquen Nós de Girona.
Despois do debate houbo unha quenda aberta na que as presentes poideron introducir as súas opinións e perguntas no debate. Nos vindeiros días celebrase un conversatorio no mesmo lugar con Rubén Cela, Responsábel da Área de Internacional da Executiva Nacional para a península.
Podes seguir as novedades do BNG Catalunya en Facebook e Twitter.