A SENTENZA DA AUDIENCIA SOBRE O PRESTIGE CHEGA TARDE, É INSUFICIENTE E É UNHA NOVA BURLA AO POBO GALEGO

A sentenza da Audiencia sobre o Prestige chega tarde

prestige
prestige

O BNG cualifica de “tardía, insuficiente e burla” a sentenza ditada pola Audiencia provincial da Coruña sobre o Prestige e cuestiona tanto as contías como a distribución e as contías que lle corresponden ao Estado español, Francia e á Xunta de Galiza.

Para a deputada do BNG, Montse Prado, resulta “esperpéntico” que despois de quince anos sigamos agardando a que se faga xustiza tras a catástrofe do Prestige, unha catástrofe que provocou graves consecuencias económicas, medioambientais e sociais nas costas galegas.

Prado critica a “lentitude” da xustiza á hora de resarcir a todos e todas as galegas  e asegura que esta sentenza, chega “tarde” e  ao seu xuízo, tampouco  repara satisfactoriamente  os danos ocasionados polo vertido do buque. A parlamentaria advirte que na actualidade, Galiza continua en grave risco  ante o paso de buques con mercadorías perigosas e responsabiliza aos gobernos do Estado e galego de non implantar medidas de prevención e salvamento  axeitadas para frear futuras catástrofes no mar.

A deputada asegura  que tras quince anos  do Prestige, Galiza “segue indefensa” e esta sentenza representa unha nova “burla” ao pobo galego que “coas súas propias mans tivo que limpar de chapapote as praias e costas” ao tempo que  Mariano Rajoy afirmaba que o vertido contaminante “eran unos hilillos de plastilina”.

A parlamentaria do BNG reitera  que a estas alturas os galegos e galegas non foran compensados  pola  maior catástrofe ambiental sufrida no noso país neste século e se pregunta como é posible que o Estado español reciba 1.573 M€, Francia 68 Millóns de euros e a Xunta de Galiza 1,8 M€  polo derrame do petróleo do Prestige.

A sentenza da Audiencia sobre o Prestige chega tarde