O BNG ESTIVO COMA CONVIDADO AS DÚAS MANIFESTACIÓNS

A derradeira Diada de Catalunya antes da independencia

O BNG Catalunya estivo na Diada do 11 de setembro xunto a Ana Pontón, Rubén Cela e Camilo Nogueira.

A derradeira Diada de Catalunya antes da independencia

Un ano máis o BNG en Catalunya estivo acompañando ao povo catalán na Diada do 11 de setembro, xunto ás compañeiras do BNG vidas dende Galiza: Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG; Rubén Cela, responsábel da Área de Internacional da Executiva Nacional do BNG; e Camilo Nogueiras, en representación da ALE.

dbng

A xornada comezou as 9 da mañá na entrega da ofrenda a Rafael Casanovas, con ERC e EH Bildu, despois do xantar estivemos nas dúas manifestacións organizadas, a da ANC e a da esquerda independentista.

diada2

Esta nova xornada de festa popular, chea de emocións, a menos de tres semanas da do referendum de autodeterminación do 3 de outubro, é unha nova mostra da vontade democrática e pacífica deste povo por acadar un estado propio e superar dunha vez ao estado fallido español.

A derradeira Diada de Catalunya antes da independencia