SOLICITUDES DENEGADAS E FORMULARIOS DE SOLICITUDE QUE CHEGAN FORA DE PRAZO

O BNG denuncia ante a Xunta Electoral irregularidades co "voto emigrante"

galegas_sobre
galegas_sobre
O BNG denuncia ante a Xunta Electoral irregularidades co "voto emigrante"

[Na diáspora, xuño 2020] Tal e como advertiramos ao inicio do proceso electoral -O BNG insta á Xunta Electoral a tomar medidas para que a diáspora poida votar con garantías- aos xa "tradicionais" problemas co voto que denunciamos ano a ano, nestes comicios temos que sumarlle unha pandemia global que está dificultando aínda máis o dereito ao voto na diáspora.

A pesar das nosas peticións á Xunta Electoral, para anticiparse ás previsíbeis incidencias, as medidas adoptadas (ampliación de prazos) non foron suficientes.

Desde o BNG reclamamos un sistema telemático para o ERTA semellante ao do CERA, que se respectaran as solicitudes de abril e papeletas e sobres nos consulados para os casos onde non se reciben a tempo.

Atopámonos con numerosas queixas de compatriotas en distintos lugares do mundo que recibiron o formulario para solicitar o voto xa co prazo vencido e numerosas queixas de xente á que se denega a solicitude por "existir outra cos mesmos datos".

Denunciamos ante a Xunta Electoral estas incidencias, exixindo que se reenviara a documentación a todas as persoas que o solicitaran tamén en abril, pero a petición foi denegada.

Unha vez máis vemos como a Xunta Electoral e gobernos galego e español, non atende ás nosas peticións deixando a boa parte da diáspora, que representa máis dun 20% do censo á súa sorte.

Animamos á todas as persoas afectadas a interpoñer unha reclamación ante o consulado para que quede constancia das incidencias. Para facilitar o trámite achegamos dous formularios modelo, para poder reclamar.

O Cambio Galego liderado polo BNG está en marcha e a pesar das dificultadas na diáspora non o poderán parar!

O BNG denuncia ante a Xunta Electoral irregularidades co "voto emigrante"