Tempos escuros para nós
O mesmo día da reforma regresiva (20 de febreiro de 2026), o pobo arxentino bótabase ás rúas e era reprimido pola policía do réxime. Tamén ese mesmo día, a pesar de todo isto, o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Miranda, reuníase en Florida co embaixador austral nos EUA, confirmando a boa sintonía que a Xunta do PP de Rueda ten desde un principio coa Casa Rosada.
E digo para nós, o pobo galego, despois de que o infame goberno da motoserra do fascista Milei aprobase o proxecto máis brutal en moitas décadas de recorte en dereitos laborais. Moitas familias galegas están a sufrir as consecuencias de dous anos da destrucción sen límites do estado de benestar de Arxentina.
O mesmo día da reforma regresiva (20 de febreiro de 2026), o pobo arxentino bótabase ás rúas e era reprimido pola policía do réxime. Tamén ese mesmo día, a pesar de todo isto, o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Miranda, reuníase en Florida co embaixador austral nos EUA, confirmando a boa sintonía que a Xunta do PP de Rueda ten desde un principio coa Casa Rosada.
Esta relación privilexiada da Xunta cun executivo de corte extremista non é, en absoluto, algo aillado, se non que o mesmo Feixóo louvou a vitoria de Milei en 2023. Como pagamento a tanta simpatía, Milei propuxo rematar co sistema estabelecido de cotas pesqueiras, dominado polos armadores galegos e obxecto dunha suba sen precedentes nos impostos. A reforma foi retirada máis tarde, pero era un síntoma claro do que estaban por padecer na Quinta Provincia galega.
O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, logo de todos estes anos, non tivo nin unha soa palabra de crítica ás nefastas políticas do presidente Javier Milei e que provocou unha emigración masiva, en especial cara a UE. Neste senso, a Xunta do PP aproveitou a coxuntura para tratar coma "retornadas" a persoas que tiveron que fuxir da miseria e así maquillar o escandaloso medio de millón de galegas que tivemos que emigrar desde a primeira toma de posesión de Feixóo.
Non sorprende a normalidade nas relacións co executivo arxentino, xa que os socios do PP, VOX, foron desde un principio financiados e impulsados por Bannon, desde os EUA, que daquela estaba do Tea Party, o xerme do actual movemento MAGA. Non hai reparos en pactar co trumpismo con tal de manterse no Poder. As liñas vermellas do PP nada teñen que ver coa defensa da xustiza social.
Non é un caso aillado de políticas do Partido Popular lesivas coas nosas comunidades na diáspora. Aznar foi un dos impulsores máis furiosos das primeiras sancións da UE contra Cuba e o seu partido sempre deu apoio desde o ámbito político, mediático e económico ás sancións unilaterais dos norteamericanos contra Cuba, Venezuela e Nicaragua.
Nestas nacións agredidas polo imperialismo centos de milleiros de galegas e galegos e descendentes dos mesmos que están a padecer esta brutalidade inhumana. Para o PP de Feixóo antes e agora o de Rueda, as nosas irmás e irmáns só son importantes para pedirlles o voto.