Arxentina
Novas
Milei_motoserra_(2025)

Tempos escuros para nós

O mesmo día da reforma regresiva (20 de febreiro de 2026), o pobo arxentino bótabase ás rúas e era reprimido pola policía do réxime. Tamén ese mesmo día, a pesar de todo isto, o Secretario Xeral de Emigración, Antonio Miranda, reuníase en Florida co embaixador austral nos EUA, confirmando a boa sintonía que a Xunta do PP de Rueda ten desde un principio coa Casa Rosada.

 

Ler novas
Novas
Luis Fernández Ageitos

A BATALLA DO POBO ARXENTINO POLOS SEUS DEREITOS E A DEMOCRACIA

Milei chegou á Presidencia da Arxentina, mediante eleccións, para gobernar, abertamente, contra as maiorías populares e os traballadores e lexitimar o poder de facto das grandes corporacións que integran sectores económicos, xudiciais e mediáticos.

O axuste económico, sempre a favor do FMI, xera, entre outras cousas, desocupación, pobreza e inseguridade, xa o pasado ano de 2024 o BNG de Arxentina advertira que as xubilacións dos nosos maiores deterioráronse coa desvalorización brutal do 118 % ante o dólar e a consecuente inflación, a iso súmase a quíta da entrega de medicamentos gratuítos para todos os xubilados.

Ler novas