BREVE EXPLICACIÓN DAS VERTIXINOSAS ELECCIÓNS LEXISLATIVAS NO ESTADO FRANCÉS NESTE ANO

Parar o fascismo in extremis en 2024

Os últimos anos teñen sido moi convulsos no Estado francés: desde o movemento insurreccional

dos coletes amarelos, até a represión de toda mostra de solidariedade con Palestina, pasando polas

multitudinarias manifestacións contra a reforma das pensións ou a revolta pola brutal morte de

Nahel, un mozo de orixe árabe, nas mans da policía francesa.

Parar o fascismo in extremis en 2024

Os últimos anos teñen sido moi convulsos no Estado francés: desde o movemento insurreccional

dos coletes amarelos, até a represión de toda mostra de solidariedade con Palestina, pasando polas

multitudinarias manifestacións contra a reforma das pensións ou a revolta pola brutal morte de

Nahel, un mozo de orixe árabe, nas mans da policía francesa.

 

Neste contexto, desenvolvéronse as eleccións europeas nas que saíu en cabeza o partido de extrema

dereita Reagrupación Nacional (RN).

 

Tras uns resultados catastróficos para a maioría presidencial, o Presidente da República, Emmanuel

Macron, decidiu disolver a asemblea nacional e convocar eleccións lexislativas anticipadas nas que

se habían escoller 577 deputados e deputadas. Estes comicios celebráronse en dúas quendas: unha

primeira o 30 de xuño e, a segunda, o domingo 7 de xullo.

 

Os resultados da primeira volta dábanlle a vitoria á RN, o que causou moita preocupación en boa

parte da sociedade francesa.

 

Á segunda volta podíanse presentar os partidos que obtivesen máis do 12,5 % do sufraxio

expresado. Isto implicaba moitas circunscricións electorais nas que había ou ben dúas candidaturas

(unha da extrema dereita e outra de dereitas ou máis de esquerdas —Nova Fronte Popular—) ou ben

tres candidaturas (esquerda, dereita e extrema dereita).

 

A escolla de moitos dos candidatos foi a de se desistiren na segunda volta, de xeito que o electorado

tivese menos onde escoller para así concentrar o voto nunha soa candidatura que lle fixese un

cordón sanitario á extrema dereita. Xa que logo, isto beneficioulle a algúns partidos coma o

vencedor das eleccións: a recentemente creada NFP, o que explica por que a RN pasou de ser a

opción máis votada na primeira quenda a ficar en terceiro posto na segunda.

Parar o fascismo in extremis en 2024