Moutier Si, pola integración no Jura
[Suíza, sábado 27/03/21] O BNG de Suiza recomenda votar SI na votación popular que terá lugar no concello de Moutier para integrase na República e Cantón do Jura. Non esquezamos que este concello industrializado está ocupado ilicitamente por Berna, historicamente pertenceu o arcebispado de Basilea.
No 2017, despois do voto popular o pobo decideu integrase no Jura, cantón de nova creación que consigueu recuperar unha parte do seu territorio mais a parte sur aínda está baixo o dominio do cantón de Berna.Se o SI se impón, teremos a garantía de que pouco a pouco o imperialismo Bernés se desfai, xa perderon territorios coma o cantón de Vaud.
Moutier pasara a ser a segunda cidade en poboación e polo tanto o peso político da cidade de Moutier será mais grande, debido a que o peso poboacional e político, dentro de Berna, é infimo.
Os estranxeiros poderán votar nas eleccións municipais e cantonais, no cantón do Jura, totalmente vetado no cantón de Berna. Unha parte da administración da República do Jura será desprazada a Moutier polo tanto aumentarán as prazas de traballo. Fiscalmente será beneficioso para a grande maioría das persoas, mudar de cantón e a xente moza terá máis posiblidades nun cantón francófono, xa que a oferta en materia educativa en Berna, está case toda orientada cara os xermanófonos, importante este feito, xa que as competencias son cantonais.
No 2017 os proBernois gañaron nos xulgados o que foron incapaces de facer nas urnas. O BNG na Suiza, por solidariedade internacionalista, apoiamos a emancipación de Moutier e a plataforma Moutier, Ville Jurassienne, por defender os intereses do pobo ao non quere estar máis baixo o xugo Bernés, coa idea de retornar as súas orixes e recuperar a súa propia identidade.