PRAZO DE SOLICITUDE AMPLIADO ATÉ O 16 DE XUÑO

[Eleccións 12X] Voto por correo de residentes temporais no exterior (ERTA)

galegas_sobre
[Eleccións 12X] Voto por correo de residentes temporais no exterior (ERTA)

Poderán votar a medio deste procedemento as persoas con dereito a voto que se atopen temporalmente fóra do Estado español e que permanezan nesta situación até o día da votación.

Deberán inscribirse no rexistro de Matrícula Consular como non residentes e solicitar o voto por correo.

Para inscribirse coma non residente é preciso acudir de xeito presencial ao Consulado ou Embaixada co documento de identidade ou pasaporte e unha foto carné.

A solicitude de votación e a inscrición no rexistro de Matrícula Consular pode realizarse no mesmo día.

Prazo ampliado:

O prazo para ambos os dous trámites finaliza o 16 de xuño!

1. Solicitude do voto

As persoas interesadas deberán acudir en persoa ao Consulado ou Embaixada correspondente non máis tarde do 16 de xuño (inclusive) para solicitar o voto por correo.

Nas propias oficinas consulares poden recoller o formulario de solicitude ou ben descargalo a través desta ligazón.

A través desta páxina podes consultar o estado da túa solicitude.

Unha vez realizada a solicitude de voto por correo, de resultar aceptada, non poderá votar na súa mesa electoral de xeito presencial.

2. Remisión da documentación electoral

As Delegacións Provinciais do censo enviarán a documentación necesaria para exercer o dereito a voto (ao enderezo indicado na solicitude) non máis tarde do 22 de xuño (ou 30 de xuño, se hai recursos contra a proclamación das candidaturas) na que se incluirá:

  • Certificado de inscrición no censo
  • Sobre de votación
  • Papeletas de votación
  • O sobre co enderezo da mesa electoral onde lle corresponde votar
  • Folla explicativa de todo o proceso
  • Un impreso oficial para solicitar, no seu caso, o reintegro dos gastos de franqueo

3. Envío do sobre de votación

Até o 8 de xullo poden enviar o sobre por correo certificado, dirixido á mesa electoral correspondente (o enderezo vén indicado no propio sobre), no que se incluirá:

  • o sobre de votación coa papeleta do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - BNG
  • unha copia do certificado de inscrición no cesto
  • impreso para o reintegro dos gastos de franqueo

Dúbidas?

Escríbenos a [email protected] ou nas nosas redes sociais!!

[Eleccións 12X] Voto por correo de residentes temporais no exterior (ERTA)