Eleccións e colonia e factor esóxeno
1/A pesar da miña preocupación polo deputado 38 de Ourense, coido que está intervindo un “factor esóxeno” que pode xogar no noso favor e dalgunha maneira compensar esa dubida sobre a provincia do surlés e ese desequilibrio que xenera a coral mediática sistémica. Dáme que as nosas eleccións poidan ser campo de batalla das intrigas e loitas das elites da Metrópole. Na miña opinión se o PP de Feixoó perde as eleccións na Galiza, isto vai repercutir moi negativamente na súa estabilidade á fronte do PP España/Madrid.