Xabarín

Desde finais de agosto, grazas a unha petición en liña da Mesa pola Normalización Lingüística, volveuse poñer sobre a mesa a cuestión dos contidos audiovisuais en lingua galega para os máis pequenos; pero, é o método adecuado en 2020 para atraer nenos?

Podemos ver que ao longo dos anos o noso idioma se usa cada vez menos entre a mocidade, só o 41 % di que o fala todos os días. Varios voceiros da MNL que queren o regreso do Club Xabarín fan un vínculo directo con esta problemática: « As xeracións nadas despois do Club Xabarín ven o galego como unha lingua obsoleta e sen futuro ».

Ao mesmo tempo, a televisión parece converterse no medio menos visto entre os nosos mozos e mozas, só o 22 % da mocidade entre 15 e 25 anos di que ve a televisión a diario. Un posible regreso do Club Xabarín sería un fracaso se só transmítese na televisión tradicional.

Unha posible alternativa para atraer a atención da audiencia nova sería unha presenza maioritariamente en liña do Club Xabarín e ao mesmo tempo o crecemento do número de YouTubers galegofalantes. Un YouTuber é unha persoa que publica vídeos na plataforma de Youtube.

A presenza de YouTubers galegofalantes podería atraer así a un público novo que aínda está a aprender galego no colexio e espertar máis interese polo idioma porque o seu ídolo o fala en cada un dos seus vídeos. Isto podémolo ver en Cataluña, onde uns youtubers cataláns xogan a vídeoxogos e atraen a miles de mozos a falar nos comentarios do vídeo en catalán. (https://www.youtubers.cat/)

Ademais, ao crear contidos en Youtube, pódese conseguir máis facilmente unha apertura da lingua galega ao nivel internacional. Posto que Youtube é un medio de comunicación de masas, un vídeo galego pode verse miles ou mesmo miles de millóns de veces. Ao crear contido, os « memes » poden aparecer e ser vistos en todo o mundo. Un meme é unha imaxe ou un vídeo curto humorístico.

Un caso recente de meme é Polish cow (A vaca polaca), un vídeo que mostra unha vaca bailando con música polaca. Grazas á popularidade deste meme, os internautas de todo o mundo interesáronse pola cuestión polaca e déronse de conta de que Polonia atravesa agora unha crise política sobre o aborto que, sen este meme, seguiría sendo unha cuestión estritamente polaca sen cobertura mediática.

YouTube podería entón ser unha fonte beneficiosa para o noso país se se publicasen máis contidos no noso idioma, polo que se o Club Xabarín se volvese abrir, debería ter unha grande presenza en Youtube e en liña, e atraer nenos que, cando medren, poderán facer contido en Youtube en galego que, á súa vez, as criaturas verán e así pechar o círculo.

1) https://www.youtube.com/watch?v=rM3igaNhBg0
2) https://youtu.be/uyJFrnvPFuo
3) https://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl (% Falante galego, % televisión)

4) https://www.amesa.gal/xabarin