2/Sabido é que a Ayuso estalle facendo a cama ao Feixoo, e que o Sánchez vería gostoso a súa defenestración. Nos derradeiros días vexo a Ayuso xogando a ser xefa da oposición, a ser ela “España”. O gran rasputin tralas bambalinas, o inefábel Miguel Ángel Rodríguez, tenlle montado dende fai tempo a conspiración do acoso e derribo ao dos Peares. Así pois, Ayuso –M.A. Rodríguez e Sánchez estanlle montando ao Feixoo unha pinza. Se perde na Galiza, descalabro en España/Madrid.
3/Temos unha boa candidata, temos unha organización con militancia entregada, estamos ben situados electoralmente como segunda forza, cousa que coa lei d´Hont saímos favorecidos, e por conseguinte o voto útil xoga no noso favor. E por último ese factor esóxeno da política do Estado que nos convirte en campo de batalla dos intereses que loitan na metrópoli. Unha vez máis estas eleccións poñen en evidencia o noso rol de colonia, até para as liortas politicas da metrópole. Unha cousa que chama a atención é que as agresións da coral mediática sistémica non teñen a virulencia que era de agardar, estando na posición que estamos, con máis posibilidades que nunca de gobernar a Nosa Terra.
4/Queda pouco e está nas nosas mans o que se poida conquerir. Non van darnos nada. A campaña anda está por facerse e cada día está sendo un factor máis determinante; moito voto entón vai decidirse no derradeiro entre, non podemos cometer erros, e unhas eleccións que se nos presentan favorábeis a estragalas con situacións inconvenentes en todos os niveis. Temos que apertar, mover até o voto máis imprevisíbel posíbel.
Avante Galiza co BNG. Polo CAMBIO para a GALIZA POSÍBEL.
Galiza retorno, na Coruña a 29 de Xaneiro de 2024
(nas vísperas do natalicio do noso procer nacional Daniel Alfonso Manuel Rodríguez Castelao)