Na tradición contemporánea da esquerda alemá foise asentando o esquecemento cara os beneficios da descentralización. Tanto como fonte de riqueza democrática e asemblearia como vía de mellora das competencias dos estados federados. Desde o uso das competencias de pesca da costa alemá ou do modelo descentralizado de sanidade español sobre o que poderían pivotar reclamacións civís lexítimas como o saturado estado dos hospitais públicos en Frankfurt ou dos servizos de xeriatría das áreas rurais de Colonia.
Como membros en activo do BNG en Hessen traballamos desde a esquerda de base nas reclamacións sociais dunha nova nación, a primeira na península ibérica desde o Reino Suevo da Galiza, o primeiro en acuñar moeda desde a caída do Imperio Romano. Desde aí loitamos contra unha discriminación lingüística, o proceso de diglosia, que avoga ao bilingüismo á súa desaparición. Como esquerda internacionalista coñecemos a loita por derrubar fronteiras e as contradicións da esquerda xacobina con modelos piramidais e centralizados.
Simplificar a rica diversidade dos históricos “Landgraviatos” (condados, marquesados) cos seus períodos como o Frankfurt Trono do reino do leste, o Landgraviato Hesse-Kassel ou a histórica Chatti, é restar riqueza cultural para enfocar o progreso en rexións administrativas e provincias homoxéneas dun modelo de Nación-Estado que deixou de ser eficiente no século XVIII. Restar alianzas e contactos na aldea global para pecharse en plena era da comunicación a expensas de querer comunicarnos a través de Berlín, como se iso aínda hoxe en día fose necesario e non axuda á esquerda de Hessen a colaborar de forma directa cos movementos obreiros de Galiza, os socialistas de Metz ou, incluso, o movemento rexionalista Patagónico.
Como esquerda internacionalista coñecemos a loita por derrubar fronteiras e as contradicións da esquerda xacobina con modelos piramidais e centralizados.
Entendemos que o Estado Alemán soubo afastarse de posicións enfrontadas como o centralismo madrileño coa elección dunha capital como Berlín, máis equitativa no xogo político. Mais non esquezamos que se somos demócratas é por obra e graza ao respecto á diversidade, a diversidade interna do Estado Alemán é un tesouro, enerxía para movementos asociativos e asemblearios a nivel local, garante da democracia. Xa que no uniformismo non hai debate e a fortaleza do discurso único na era da información xa perdeu o seu sentido. As grandes asembleas en Berlín son inútiles comparadas coa suma de asembleas desencentralizadas que falen dos problemas reais dun país tan complexo como este.
Mais non esquezamos que se somos demócratas é por obra e graza ao respecto á diversidade, a diversidade interna do Estado Alemán é un tesouro, enerxía para movementos asociativos e asemblearios a nivel local, garante da democracia.
Aí a falta de visión da esquerda española impídelle ver que na península ibérica non hai fronteiras culturais xa que os propios galegos falamos unha lingua irmá do portugués. E é que o vínculo con hispanoamérica chega tamén a Brasil a través da riqueza “local” ignorada nos círculos culturais españois que aspiran imitar á Francia Jacobina fortalecendo ao español e discriminando ao vasco, catalán ou galego. Esta vantaxe das descentralizacións está presente nas culturas universais dos holandeses ou islandeses, que con pequenos países conseguiron aportar á súa xuventude o don da globalización, con idiomas pequenos abrazaron aos universais namentres os mozos italianos, alemás, franceses ou españois pelexan aínda coa existente, e minguante, literatura do “pequeño imperio”, privándonos de chegar ao universal a través do local, pechados nun modelo de estado que era útil cando tiñamos que enviar unha patente a París no 1910 por correo, porén, non hoxe en día.