8 de Marzo e a Revolución dos afectos

8 de Marzo e a Revolución dos afectos

Hai tres anos nacía na Galiza Galegas 8M coa vontade de organizar a diversos colectivos e mulleres na Galiza de cara a un 8 de marzo en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal.

Galegas 8M escolleu como lema da manifestación este ano que tivo lugar o 1 de Marzo en Verín sen coidados non hai vida, poñendo como eixo central da manifestación os coidados.

E as escolla de centralizar o 8M nos coidados non foi baladí, xa que falar de coidados é falar de construír un mundo alleo o patriarcado, un mundo onde se poñan en valor os afectos, a empatía, os sentimentos, as emocións e o benestar das persoas. Falar de coidados é falar de feminismo.

O concepto de ética do coidado, desenvolvido pola filósofa e psicóloga Carol Gilligan, está baseado na responsabilidade polos demais. A ética do coidado reclama poñer a sustentabilidade da vida e do planeta no centro de todos os procesos sociais, comunitarios, económicos e políticos; e nun mundo no que priman e premian a produción, o éxito, a eficacia, a invisibilización das emocións, o poder xerárquico e a autonomía, poñer no centro os afectos vólvese unha cuestión revolucionaria.
 

8 de Marzo e a Revolución dos afectos