Novas
O BNG reclama en Bruxelas que se active o mecanismo europeo de protección civil

O BNG reclama en Bruxelas que se active o mecanismo europeo de protección civil

A portavoz do BNG en Bruxelas presentou unha iniciativa na Eurocámara para reclamar da Comisión Europea a posta en marcha do Mecanismo Europeo de Protección Civil, -como xa fixo Portugal-, para responder ás necesidades inmediatas derivadas da vaga de lumes,  ademais de reclamar do Executivo comunitario que esixa ao Goberno español o cumprimento da normativa de prevención e extinción de incendios.

 

Ler nova
A sentenza da Audiencia sobre o Prestige chega tarde, é insuficiente e é unha nova burla ao pobo galego

A sentenza da Audiencia sobre o Prestige chega tarde, é insuficiente e é unha nova burla ao pobo galego

O BNG cualifica de “tardía, insuficiente e burla” a sentenza ditada pola Audiencia provincial da Coruña sobre o Prestige e cuestiona tanto as contías como a distribución e as contías que lle corresponden ao Estado español, Francia e á Xunta de Galiza.

Para a deputada do BNG, Montse Prado, resulta “esperpéntico” que despois de quince anos sigamos agardando a que se faga xustiza tras a catástrofe do Prestige, unha catástrofe que provocou graves consecuencias económicas, medioambientais e sociais nas costas galegas.

Ler nova
Rubén Arroxo participa nun acto impulsado polo BNG Asturies

Rubén Arroxo participa nun acto impulsado polo BNG Asturies

Rubén Arroxo falou dos lumes na charla que onte se deu no Centro Municipal El Llano de Xixón,(Sociedad Cultural Gijonesa) onde deixou patente as carencias nas políticas de prevenzóm ea a nula presenza de planes de fomento dum tecido produtivo rural que bote o freo o abandono das terras e os montes.

Ler nova