Comunicado do BNG Alemaña en solidariedade co pobo cubano

María Traba (BNG Alemaña), Ibis González (ICAP) e Tomé Laxe (BNG Alemaña)
María Traba (BNG Alemaña), Ibis González (ICAP) e Tomé Laxe (BNG Alemaña)
Comunicado do BNG Alemaña en solidariedade co pobo cubano

Berlín, a 5 de febreiro de 2020

            O 7 de novembro do 2019 aprobouse a última resolución da Asamblea Xeral da ONU, a petición do goberno cubano, que pedía rematar co criminal bloqueo económico que os EUA mantenhen contra a illa do Caribe desde o ano 1962. Esta resolución foi aprobada con tan só 3 votos en contra e mostrou unha vez máis que o mundo posiciónase claramente contra a política imperialista e inxerencista de Washington.

 

            Coa fin de sumar voces ao clamor popular que reclama a fin deste método de asfixia contra todo un pobo, O Bloque Nacionalista Galego, organización política de carácter internacionalista, quere manifestar o seu apoio incondicional ao pobo cubano, pobo irmán ao que nos une unha historia común de loitas e moi diversas relacións humanas.

 

            O Bloque Nacionalista Galego, como fronte da avangarda política da Galiza, e a través Asemblea de militantes na Alemanha, estivo presente como patrocinador da Conferencia Internacional Rosa Luxemburgo, o maior encontro de organizacións revolucionarias dos países de fala alemá, que se celebrará este 11 de xaneiro en Berlín.

 

            O BNG pónse ao dispor do Movimento de Solidariedade com Cuba en Alemanha para elaborar un plano de traballo conxunto que nos permita dar visibilidade a esta inxusta situación da que a vítima principal é o pobo cubano, mais tamén outros pobos que se ven beneficiados polo internacionalismo desta illa revolucionaria nas materias da educación e da sanidade, principalmente.

 

            Así mesmo, o BNG fai un chamamento a todas as organizacións de esquerda en Alemanha a que se unan a este traballo comunicativo e en rede, para poder desenvolver actividades nos vindeiros meses en todo territorio do Estado alemán, en particular a Campanha contra o Bloqueo 2020 coordinada polo diario Junge Welt.

 

A Coordinadora da Asemblea do BNG en Alemanha

Comunicado do BNG Alemaña en solidariedade co pobo cubano
comentarios