Imprimir

Elexido o novo Consello da Emigración do BNG

bngemigración | 16 de Abril de 2017

Desaparece a Asemblea Comarcal da Emigración e pasa a chamarse Asemblea da Emigración

Despois de aprobarse na XVI Asemblea Nacional do BNG o carácter específico da estrutura da emigración, desaparece a Comarca da Emigración do BNG e os seus órganos, como o Consello e a Executiva Comarcal, pasando a integrarse a militancia do BNG fóra do país na Asemblea da Emigración.

Na primeira xuntanza da nova asemblea aprobouse por unanimidade a proposta de listaxe para integrar o novo Consello da Emigración, ao que se sumarán as responsábeis locais elexidas despois da renovacións das asembleas e coordinadoras da emigración.

XV-Asamblea-Nacional-do-BNG_2 (1)

Neste periodo inter-asemblear a emigración contará con dúas representantes no Consello Nacional do BNG, o Responsábel da Emigración André Abal, e a Coordinadora da Área de Organización, Sara Murados.

Podes consultar a composición do Consello da Emigración eiquí.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/elexido-novo-consello-da-emigracion-do-bng/20171116223858000678.html


© 2018 BNG Emigración

O BNG na Emigración

Escríbenos a emigracion@bng.gal