Novas
O BNG reclama en Bruxelas que se active o mecanismo europeo de protección civil

O BNG reclama en Bruxelas que se active o mecanismo europeo de protección civil

A portavoz do BNG en Bruxelas presentou unha iniciativa na Eurocámara para reclamar da Comisión Europea a posta en marcha do Mecanismo Europeo de Protección Civil, -como xa fixo Portugal-, para responder ás necesidades inmediatas derivadas da vaga de lumes,  ademais de reclamar do Executivo comunitario que esixa ao Goberno español o cumprimento da normativa de prevención e extinción de incendios.

Ler nova
A sentenza da Audiencia sobre o Prestige chega tarde, é insuficiente e é unha nova burla ao pobo galego

A sentenza da Audiencia sobre o Prestige chega tarde, é insuficiente e é unha nova burla ao pobo galego

O BNG cualifica de “tardía, insuficiente e burla” a sentenza ditada pola Audiencia provincial da Coruña sobre o Prestige e cuestiona tanto as contías como a distribución e as contías que lle corresponden ao Estado español, Francia e á Xunta de Galiza.

Para a deputada do BNG, Montse Prado, resulta “esperpéntico” que despois de quince anos sigamos agardando a que se faga xustiza tras a catástrofe do Prestige, unha catástrofe que provocou graves consecuencias económicas, medioambientais e sociais nas costas galegas.

Ler nova