NOVOS PRAZOS: ATÉ O 27 POR CORREO ATÉ O 28 EN URNA NOS CONSULADOS

Prazo ampliado para votar desde o exterior

Prazo ampliado
Prazo ampliado

Amplíase o prazo até o 27 para remitir o voto por correo e até o 28 para depositalo en urna nos consulados, para as persoas residentes fóra do Estado español

Prazo ampliado para votar desde o exterior

Novos prazos

Por acordo da Xunta Electoral Central, os prazos para remitir o voto para residentes fóra do Estado español amplíase até o 27 de abril, por correo, e até o 28 de abril para depositalo en urna nos consulados e embaixadas.

Nota ampliada: A pesar da información difundida pola Xunta Electoral, sobre os novos prazos, cada consulado ten os seus propios horarios. É recomendábel chamar por teléfono ou buscar na páxina web especifica de cada consulado os horarios de apertura para evitar sorpresas.

A listaxe de consulados e embaixadas pode atoparse nesta ligazón.

Atrasos coas papeletas

A través das redes sociais persoas residentes en distintos países (Estados Unidos, Portugal, o Norte de Irlanda, Alemaña...) denuncian que a 24 de abril aínda non recibiron as papeletas e sobres para poder exercer o dereito ao voto.

Desde a Asemblea da Emigración do BNG denunciamos a situación que, unha vez máis, deixa en evidencia que o actual proceso para o voto no exterior non garante a participación da totalidade das persoas residentes no exterior.

Garantir a limpeza no proceso e evitar a fraude co voto emigrante do pasado non pode ser escusa para impedir ou dificultar a participación da diáspora nos procesos electorais. Urxe máis ca nunca unha modernización do voto exterior, para minimizar a dependencia do correo postal, que en moitos países ten un servizo deficiente e non pode cumprir cos prazos electorais.

Facemos un chamamento á todas as persoas que aínda non recibiron as papeletas a que o denuncien e nolo fagan saber a través das reces sociais de BNG Emigración.

Agora é o momento, a pesar das dificultades, pedimos á toda a diáspora galega que participe nos vindeiros procesos electorais e que vote masivamente polo BNG, o noso voto pode ser decisivo para recuperarmos a voz no Congreso e consolidar a presenza en no Parlamento Europeo.

comentarios