PRAZOS DE SOLICITUDE E VOTACIÓN AMPLIADOS!

[Eleccións 12X] Instrucións para o voto de residentes-ausentes (CERA)

[Eleccións 12X] Instrucións para o voto de residentes-ausentes (CERA)

A normativa electoral establece o dereito de exercer o voto por correo a todas as persoas de nacionalidade legal española inscritas no censo de residentes ausentes no estranxeiro (CERA), considerando esa inscrición como requisito necesario para o seu exercicio. O censo electoral vixente para as eleccións do 12 de xullo é o pechado o 1 de marzo.

1. Inscrición no CERA.

Os Consulados e Embaixadas expoñen as listas electorais vixentes do 25 de maio ao 1 de xuño. A fin de semana do 30-31 de maio, permanecerán abertas de xeito excepcional para facilitar as solicitudes de inscrición ou modificación de datos.
Tamén se pode consular a inscrición no censo a través desta páxina.

Até o 1 de xuño poden presentarse reclamacións perante as Delegacións Provinciais do censo ou Consulados, sobre a inclusión ou exclusión no censo, ou instar modificacións de datos persoais.

Se te inscribiches no CERA despois do 1 de marzo ou cambiaches de domicilio, tes que solicitar a túa inclusión/modificación do censo antes do día 1 de xuño, do contrario non poderás votar!!

2. Solicitude de voto e remisión da documentación electoral aos/ás residentes ausentes.

Envía a túa solicitude non máis tarde do día 16 de xuño, mediante unha das seguintes opcións:

A Coruña
Adelaida Muro, 12 -15002
A Coruña
Fax1: +34 981 20 62 35
Fax2: +34 981 20 61 50

Lugo
Rúa Pintor Corredoira, 1 - 27002
Lugo
Fax: +34 982 24 68 72

Ourense
Salvador Dalí, 13-15 baixo - 32002
Ourense
Fax1: +34 988 37 40 61
Fax2: +34 988  21 09 89

Pontevedra
Iglesias Vilarelle, 2 - 36001
Pontevedra
Fax: +34 986 89 61 24

En ambos os dos dous casos será necesario aportar polo menos un dos seguintes documentos:

  • Fotocopia do Documento de Identidade (DNI)
  • Fotocopia do pasaporte
  • Certificación de nacionalidade (de expedición gratuíta no Consulado ou Embaixada na que estea inscrito)
  • Certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular (de expedición gratuíta no Consulado ou Embaixada na que estea inscrito)

A través desta páxina podes consultar o estado da túa solicitude.

O envío da documentación precisa para exercer o dereito de voto das residentes ausentes realízase de oficio polas Delegacións Provinciais do censo. Os envíos lévanse a termo por correo certificado non máis tarde do 22 de xuño (ou o 30 de xuño se se produce impugnación de candidatos) e conterán a seguinte documentación:

  • Certificado de inscrición no CERA
  • Sobres de votación
  • Papeletas de votación correspondentes á circunscrición electoral onde figure inscrito no CERA @ elector/a residente ausente
  • O sobre co enderezo da Xunta Electoral correspondente á circunscrición onde lle corresponde votar ao electo/a
  • O impreso destinado a solicitar o reintegro ao/á elector/a dos gastos de franqueo aboados pola remisión do voto por correo
  • Folla explicativa de todo o proceso

3. Envío do sobre que contén o voto por parte do elector/a.

As persoas inscritas no CERA poden acollerse a dous procedementos para depositar o seu voto:

Novos prazos:

  • Voto por correo ao Consulado ou Embaixada de inscrición até o 11 de xullo (en moitos países non hai servizo de correos o sábado, polo que neses casos o prazo remataría o 10 de xullo)
  • Voto presencial en urna no Consulado ou Embaixada de inscrición entre 8 e 12 de xullo

Vou estar na Galiza durante as eleccións

As persoas inscritas no CERA que se atopen na Galiza (ou calquera punto do Estado español) durante as semanas previas ás eleccións deberán solicitar o voto nunha oficina de Correos entre o 19 de maio e o 2 de xullo, seguindo o proceso do voto por correo ordinario.

Unha vez recibida a documentación, deberán achegarse de novo a unha oficina de Correos para enviar o voto por correo certificado até o 10 de xullo ás 14:00h.

Dúbidas?

Escríbenos a emigracion@bng.gal ou nas nosas redes sociais!!

[Eleccións 12X] Instrucións para o voto de residentes-ausentes (CERA)