APROBADO POLA AE E RATIFICADO POLA EXECUTIVA NACIONAL

A emigración do BNG conta con novo regulamento

Neste regulamento recóllese o funcionamento específico da Asemblea da Emigración dentro do BNG

A emigración do BNG conta con novo regulamento

Entra en vigo o novo Regulamento da Emigración do BNG, aprobado por unanimidade na Asemblea da Emigración celebrada por vía dixital o pasado domingo 17 de setembro, e ratificado despois pola Executiva Nacional.

Neste regulamento recóllese o funcionamento específico da Asemblea da Emigración dentro do BNG, dende a nosa organización territorial -en zonas, asembleas e delegación- até as novas asembleas dixitais, que permiten a base social do BNG participar e colaborar dende calquera parte do mundo.

Asemblea Nacional

O proceso de redacción, debate e posterior votación do regulamento prolongouse dende a XVI Asemblea Nacional do BNG, onde a militancia do BNG aprobou a estrutura específica para a emigración, diferenciada do resto de comarcas.

Eiquí podes consultar o novo regulamento.