Como facer seguimento ao envio da documentación electoral na emigración

 

Como facer seguimento ao envio da documentación electoral na emigración

[Na diáspora, xuño 2020] A distintas cidades polo mundo adiante xa comezan a chegar os sobres coa documentación e as papeletas para poder votar nas eleccións galegas do 12 de xullo.

Se solicitaches o voto e aínda non recibiches as papeletas, aquí explicámosche como facer seguimento.

  1. Accede á paxina do INE, nesta ligazón: https://sede.ine.gob.es/consulta_voto_correo_ga
  2. Preme en Consulta do estado de tramitación das solicitudes de voto por correo
  3. Introduce o teu número de carné ou pasaporte e a data de nacemento
  4. A continuación poderás ver se a túa solicitude foi aceptada e se xa foi enviada a correos
  5. Copia o anota Código de Certificado, con ese código poderás facer seguimento na web dos servizos de correos

Podes facer seguimento do envío na web de correos do país onde residas, desta forma saberás se o sobre xa está na túa cidade e podes ir en persoa á recollelo á oficina sen ter que esperar a que o envíen.

Sabemos por experiencia que moitas veces os sobres quedan días ou semanas esperando o reparto polo que recomendamos anticiparnos facendo o seguimento. Tamén se pode consultar co mesmo código nunha ofician de correos de xeito presencial, no case que non se poida facer por internet.

 

Como facer seguimento ao envio da documentación electoral na emigración
comentarios