BNG-Canarias pide o apoio da emigración galega nas illas para Ahora Canarias

Desexámoslle ás compañeiras e compañeiros canarios o mellor resultado posíbel para fortalecer e avanzar na liberación do arquipélago.

BNG-Canarias pide o apoio da emigración galega nas illas para Ahora Canarias

Somos moitas milleiras de galegas e galegos  que non poderemos votar ao BNG nas eleccións estatais do 28 de abril por estarmos emigrados noutras rexións do estado, por vivir e traballar fóra do noso País.

Iso non debe evitar que nos pronunciemos politicamente, que apoieimos, alá onde esteamos, a aquelas forzas que dende as súas respectivas nacións, defendan posicións semellantes ás nosas: o dereito a autodeterminación dos pobos, o feminismo como unha necesidade irrenunciábel, a defensa do territorio e do medio ambiente…

E é por iso polo que, dende o BNG-Canarias, facemos un chamamento a toda a emigración galega que vive e está censada no arquipélago, a votar nas vindeiras eleccións do 28-A a “Ahora Canarias”, a apoiar co noso voto ó soberanismo canario de esquerdas, cos que ademais, non por casual, compartimos a coalición “Agora Repúblicas” nas eleccións europeas.

Presentación de Agora Repúblicas en Canarias

Facemos extensivo este chamamento á emigración galega nas Canarias para as eleccións locais, autonómicas e aos cabidos.

Desexámoslle ás compañeiras e compañeiros canarios o mellor resultado posíbel para fortalecer e avanzar na liberación do arquipélago.

comentarios